DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2024 Páx. 6347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2024 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/151/2021-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 4 de decembro de 2023, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística por obras realizadas en solo rústico (expediente COR/151/2021-RP1).

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo á persoa interesada con documento nacional de identidade número 71418380E, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2024

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística