DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2024 Páx. 6252

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade a resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e a correccións de erros.

De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: explotación avícola de pavos

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada e corrección dun erro

Titular: Cooperativa Agrícola Ganadera de Ourense, S.C.G.

Núm. rexistro AAI: 2007/0097_NAA/IPPC_161

Localización: concello de Porqueira (Ourense)

Expediente da modificación: 2023-IPPC-M-23

Instalación: fábrica de produción de papel satinado

Procedemento: modificación non substancial

Titulares: Papelera de Brandia, S.A.

Lousame Cogeneración, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2006/0348_NAA/IPPC_126

Localización: concello de Santiago de Compostela

(A Coruña)

Expediente: 2023-IPPC-M-19

Instalación: fábrica de pensos

Procedemento: corrección de erros

Titular: Aira, Sociedade Cooperativa Galega

Núm. rexistro AAI: 2007/0027_NAA/IPPC_040

Localización: concello de Taboada, Lugo

Expediente: 2020-IPPC-M-99

Instalación: explotación porcina de produción de leitóns A Baíña

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Nutrimentos Deza, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2006/0409_NAA/IPPC_053

Localización: A Baíña, concello de Agolada (Pontevedra)

Expediente: 2022-IPPC-M-111

Instalación: central térmica e vertedoiro de residuos non perigosos das Pontes

Procedemento: modificación da autorización ambiental integrada

Titular: Endesa Generación, S.A.

Núm. de rexistro AAI: 2005/0479_AIA/IPPC_025

Localización: concello das Pontes de García Rodríguez

(A Coruña)

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático