DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2024 Páx. 6349

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia de Medicina de Galicia

ANUNCIO da convocatoria de tres cadeiras de académico/a numerario/a.

Convócanse, para a súa provisión, as cadeiras de académico/a numerario/a de Medicina Interna, Oftalmoloxía e Xeriatría.

Para poder aspirar a tales cadeiras, é preciso ter nacionalidade española e residir en Galicia, así como estar en posesión do título de doutor en Medicina. Por outra banda, deberán posuír un relevante e acreditado prestixio científico e profesional, avalado polas súas responsabilidades, investigación, publicacións ou traballos científicos orixinais.

Ninguén poderá presentar persoalmente a súa candidatura para o posto de académico/a.

As propostas serán formuladas por tres académicos/as de número, dos que polo menos un deberá pertencer á sección en que estea incluída a dita vacante.

Non se tramitará ningunha proposta que leve máis de tres sinaturas nin as que leven sinaturas que figuren xa noutra candidatura concorrente á mesma praza.

As propostas deberán ir acompañadas dun currículo do candidato e presentaranse na Secretaría da Real Academia de Medicina (R / Durán Loriga, 10-2º, 15003 A Coruña), no prazo de 15 días naturais a partir da publicación deste anuncio.

A Coruña, 29 de decembro de 2023

Alberto Juffé Stein
Académico numerario-secretario xeral da
Real Academia de Medicina de Galicia