BDNS (identif.): 740337
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas bolsas de formación as persoas que estean en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao en Dereito, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.
Segundo. Obxecto
As bolsas de formación, en réxime de concorrencia competitiva, teñen por obxecto contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de consumo. As ditas bolsas desenvolveranse dentro do programa de traballo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con suxeición ao programa de formación e coas indicacións que lles transmita o/a titor/a que teñan asignado/a.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen, mediante a tramitación anticipada de gasto, as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento CO400E).
Cuarto. Importe e duración
Outorgaranse oito bolsas, cunha duración máxima de 10 meses cada unha, contados desde a data de incorporación da persoa bolseira e ata o 31 de decembro de 2024.
Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 11.000 euros brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.100 euros por mes.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2023
Manuel Heredia Pérez
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia