Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 2 de outubro de 2023, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Couso (concello de Gondomar) e Malvas (concello de Tui), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22036).
Feitos:
Primeiro. O 27.9.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Couso presentou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, co núm. de entrada 2022/2370879, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Couso (Gondomar) e a CMVMC de Malvas (Tui).
Os montes veciñais en man común (en diante MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Couso (ID monte: 2778) da CMVMC de Couso.
– MVMC de Malvas (ID monte: 3178) da CMVMC de Malvas.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:
– Acta do apeo do deslindamento o 15.3.2022.
– Acta de conciliación nº 9/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Gondomar o 20.9.2022.
– Certificados da aprobación do deslindamento nas asembleas xerais de ambas as CMVMC: CMVMC de Couso o 12.6.2022 e CMVMC de Malvas o 27.8.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 15.5.2023 polo técnico colexiado núm. 1343 do COETF de Galicia.
– Informes de validación gráfica catastral cos CSV: BCSB669RZPP29VPY, ES8F56NM83W8QS13 e CP02N266ZFWYX9AC (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial do Catastro.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.805 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto 1- |
x: 522.872,874 |
y: 4.658.234,41 |
Punto 2- |
x: 522.700,551 |
y: 4.658.041,30 |
Punto 3- |
x: 522.678,821 |
y: 4.657.875,57 |
Punto 4- |
x: 522.492,853 |
y: 4.657.648,69 |
Punto 5- |
x: 522.460,324 |
y: 4.657.462,65 |
Punto 6- |
x: 522.404,916 |
y: 4.657.152,22 |
Punto 7- |
x: 522.438,779 |
y: 4.657.025,62 |
Punto 8- |
x: 522.370,231 |
y: 4.656.874,29 |
Punto 9- |
x: 522.300,513 |
y: 4.656.724,58 |
Punto 10- |
x: 522.250,824 |
y: 4.656.616,26 |
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe estrema entre ambos e non afecta terceiros propietarios.
O punto 10 é o punto no cal converxen a CMVMC de Couso, a CMVMC de Malvas e a CMVMC de Santa María de Tebra.
A liña do deslindamento non respecta a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Gondomar e Tui. O deslindamento establécese mediante acordo das comunidades implicadas nel.
Ambos os MVMC achegan uns pequenos axustes para pechar o punto 1 e o punto 10 do deslindamento co resto dos seus respectivos esbozos do MVMC.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,
ACORDA:
Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Couso (Gondomar) e a CMVMC de Malvas (Tui), respecto da súa estrema común, nos termos indicados no feito terceiro.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Pontevedra, 22 de decembro de 2023
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra