DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 26 de decembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Barreiros (expediente DH.W27.96843).

En cumprimento do previsto no artigo 78 ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: María del Carmen López Fraga.

DNI: ***7924**.

Expediente: DH.W27.96843.

Lugar: San Bartolo.

Parroquia: San Cosme de Barreiros.

Concello: Barreiros.

Descrición das actuacións:

As obras solicitadas consisten na construción dunha vivenda e edificación auxiliar acaroada, na parcela con referencia catastral 3251304PJ4235S0001XJ (porción 6), na zona de policía do rego de Lopo.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 26 de decembro de 2023

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña