DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de decembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Val do Dubra (expediente DH.A15.69867).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Carmen García Señarís.

DNI: ***7899**.

Expediente: DH.A15.69867.

Volume total anual: 394,05 m3/ano.

Destino: uso doméstico e rega.

Orixe: manancial.

Lugar: Abelenda.

Parroquia: Erviñou.

Concello: Val do Dubra.

Descrición do aproveitamento:

Realízase a captación de auga dun manancial na parcela de referencia 15085A501001780000EE mediante aros de formigón de 1 m de diámetro e 4 m de fondo, e a súa condución con tubaxe de PE ata a parcela núm. 622 do polígono 19.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro