DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5819

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle, para o mantemento de muro de peche tradicional na aliñación actual (expediente 909/2022).

A Xunta de Goberno local do Concello de Ponteareas, en sesión do 31 de outubro de 2023, aprobou inicialmente o proxecto de estudo de detalle para o mantemento do muro de peche tradicional na aliñación actual, situado na parcela de referencia catastral 36042A038001790001FL, lugar de Outeiro nº 2, parroquia de Guláns, presentado por Natalia Lorenzo Prego e redactado pola arquitecta Mónica Prego Porto (nº de rexistro de entrada RE 3889, do 10 de xullo de 2023).

De conformidade co disposto no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública por prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de aprobación inicial no Diario Oficial de Galicia. O anuncio tamén se publicará previamente nun dos xornais de maior difusión na provincia de Pontevedra.

Durante este prazo os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Urbanismo do Concello, das 8.30 ás 13.30 horas, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Tamén poderá consultarse electronicamente a través da sede electrónica deste concello https://ponteareas.sedelectronica.gal

Ponteareas, 16 de novembro de 2023

Mª Nava Castro Domínguez
Alcaldesa