DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5721

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2024 pola que se nomean funcionarias de carreira da escala técnica (técnico/a emprego e asuntos xerais), subgrupo A2, polo sistema de quenda libre.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, pola quenda libre, de cinco prazas da escala técnica (técnico/a emprego e asuntos xerais), (subgrupo A2) vacantes na relación de postos de traballo de persoal funcionario desta universidade, convocadas pola Resolución do 12 de decembro de 2022 (DOG do 23 de decembro).

Verificada a concorrencia nas aspirantes aprobadas dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro,

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada por Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionarias de carreira da escala técnica (técnico/a emprego e asuntos xerais), (subgrupo A2), da Universidade da Coruña, as aspirantes aprobadas polo sistema de quenda libre que se relacionan no anexo, ordenadas consonte a puntuación final acadada.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionaria de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 12 de xaneiro de 2024

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Escala técnica (técnico/a emprego e asuntos xerais), subgrupo A2

DNI

Apelidos e nome

Experiencia

Cursos formación

Total fase concurso

Outras

UDC Admin. SUMA

Xeral e específica

Lingua galega

SUMA

***1749**

Gándara Carro, Susana Aurora

70,88

11,69

80

16

4

20

100

***3059**

Feal Rodríguez, Mª del Pilar

80

0

80

16

2,5

18,5

98,5

***3195**

Muñoz Pliego, Mª Inmaculada

80

2,58

80

16

2,5

18,5

98,5

***3636**

Rivera Cores, Ana Beatriz

80

0

80

16

2

18

98

***1300**

Fernández López, Janet

80

0

80

16

0

16

96