En cumprimento do previsto no artigo 78 ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:
Solicitante: María del Carmen López Fraga.
DNI: ***7924**.
Expediente: DH.W27.96839.
Lugar: San Bartolo.
Parroquia: San Cosme de Barreiros.
Concello: Barreiros.
Descrición das actuacións:
As obras solicitadas consisten na construción dunha vivenda e edificación auxiliar acaroada, na parcela con referencia catastral 3251304PJ4235S0001XJ (porción 3), na zona de policía do rego de Lopo.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte da súa publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 21 de decembro de 2023
Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña