DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2024 Páx. 5241

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan parcial SUDI-07 no lugar do Castro, parroquia de Mos.

A Xunta de Goberno local do Concello de Mos, en sesión ordinaria do 1 de decembro de 2023, aprobou inicialmente o Plan parcial SUDI-07 no lugar do Castro, parroquia de Mos, do concello de Mos, en desenvolvemento do PXOM.

O expediente sométese a información pública por un prazo de dous meses desde a publicación do anuncio de aprobación inicial no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión na provincia, e no taboleiro de anuncios e sede electrónica deste concello. Durante o período de información pública, calquera persoa poderá examinar o Plan parcial e formular as alegacións que procedan. Para tales efectos, queda ao dispor dos interesados o expediente administrativo tramitado para que poida ser examinado na Secretaría municipal durante o período de información pública, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas.

Suspéndese o outorgamento de licenzas en todo o ámbito do territorio obxecto do plan cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión será de dous anos, contados desde a aprobación inicial, e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do Plan parcial. Esta suspensión publicarase conxuntamente coa aprobación inicial.

Mos, 27 de decembro de 2023

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa