DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2024 Páx. 5165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 4 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan para o trámite de audiencia as persoas interesadas nos procedementos de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2022/00122 e un máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázanse para o trámite de audiencia as persoas indicadas no anexo, nos procedementos de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, porque se descoñece o lugar en que practicar a correspondentes notificacións.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar por escrito as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consideren pertinentes. Para iso poden consultar o seu expediente na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo, e vistas as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consten no expediente, ditarase a resolución que proceda.

Lugo, 4 de xaneiro de 2024

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

NIE/pasaporte

Acto notificado

LU-2022/00122

Y7439707A/M3781081

Emprazamento para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia

LU-2020/00017

Y7588330T/VL0182702

Emprazamento para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia