DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2024 Páx. 4986

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Publicar a relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2023, que se incorporan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2024

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos
meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2023

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Consello Regulador do Mexillón de Galicia para establecer as condicións de colaboración coa finalidade de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2023.

40.000,00 €

14.9.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo para a identificación e marcaxe selectiva de larvas de mexillón mediante anticorpos monoclonais.

216.953,05 €

15.11.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar, a Universidade da Coruña e a Fundación da Universidade da Coruña para o Plan da cultura marítima de Galicia-Horizonte 2030 (Pcuma).

292.899,42 €

13.12.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asemblea da Comunidade Autónoma de Galicia da Cruz Vermella Española para colaborar en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación.

60.000,00 €

20.12.2023