DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2024 Páx. 5235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2024 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de actualización do proxecto de mellora da intersección no punto quilométrico 9+980 da PO-400, de clave PO/23/152.06.1; así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Por Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 10 de xaneiro de 2024 realizouse a aprobación provisional do proxecto de trazado de actualización do proxecto de mellora da intersección no punto quilométrico (p.q.) 9+980 da PO-400, de clave PO/23/152.06.1, no municipio das Neves (Pontevedra), que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado de actualización do proxecto de mellora da intersección no p.q. 9+980 da PO-400, de clave PO/23/152.06.1, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, no seu caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Segundo. Someter ao tramite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará a disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-1º, 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello das Neves.

Así mesmo, a documentación íntegra do proxecto e un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación, estará dispoñible na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2024

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Actualización do proxecto de mellora da intersección no p.q. 9+980 da PO-400.

Clave: PO/23/152.06.1.

Concello das Neves.

Ref. catastral

Políg.

Parc.

Propietario/s

DNI/NIF

Clase solo
(catastro)

Clasificación urbanística

Sit. básica solo
(RDL 7/2015)

Exprop.
(m2)

Bens afectados

Cant.

Unidade

Descrición

1

36034A050001160000HW

50

16

Isabel Ubera Crespo

***1368**

Rústico

Solo núcleo rural

Rural

1.802

12

ud.

Carballo xove

1

36034A050001160000HW

50

16

Isabel Ubera Crespo

***1368**

Rústico

Solo rústico

Rural

413

2

36034A050001170000HA

50

117

Descoñecido

Rústico

Solo rústico

Rural

2

3

36034A050001260000HL

50

126

Cueros y pieles Jacinto, S.L.U.

B27448984

Rústico

Solo núcleo rural

Rural

63

4

36034A050000910000HB

50

91

Antonio Álvarez Pereira

Rústico

Solo núcleo rural

Rural

33

5

36034A050000900000HA

50

90

Castro y José II

Rústico

Solo núcleo rural

Rural

46

6

36034A050000880000HB

50

88

María González Durán

***1501**

Rústico

Solo núcleo rural

Rural

56

6

36034A050000880000HB

50

88

María González Durán

***1501**

Rústico

Solo rústico

Rural

15

7

36034A050000870000HA

50

87

Darío Durán González

Rústico

Solo núcleo rural

Rural

20

7

36034A050000870000HA

50

87

Darío Durán González

Rústico

Solo rústico

Rural

40

8

36034A050001180000HB

50

118

Descoñecido

Rústico

Solo núcleo rural

Rural

2

8

36034A050001180000HB

50

118

Descoñecido

Rústico

Solo rústico

Rural

103