DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2024 Páx. 4538

III. Outras disposicións

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024 pola que se fai público o acordo plenario polo que se designan os conselleiros integrantes da Sección de Estudos e Informes para o ano 2024.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, esta Presidencia

RESOLVE:

Facer público o Acordo plenario do 10 de xaneiro de 2024, do Consello Consultivo de Galicia, polo que se designan os conselleiros integrantes da Sección de Estudos e Informes do Consello Consultivo para 2024, do teor literal seguinte:

«Segundo o disposto nos artigos 21 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 18 do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2024, acorda:

Primeiro. A designación do conselleiro electivo Ignacio de Loyola Aranguren Pérez e da conselleira electiva Nora Mª Martínez Yáñez como membros da Sección de Estudos e Informes para o ano 2024.

Segundo. Que, de acordo co número 2 do citado artigo 18, se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia».

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2024

Jose Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia