DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 22 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador PS-XT-5/2023.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da propia Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázase a persoa interesada para notificarlle a resolución administrativa citada no anexo.

Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada emprazada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Xuventude, Servizo de Coordinación Administrativa, situadas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, de conformidade co sinalado na referida resolución, contra ela a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, tal como prescribe o artigo 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 22 de decembro de 2023

A xefa territorial de Vigo
P.A. (Decreto 124/2022, do 23 xuño)
Mª Ana Gómez Carrera
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Expediente: PS-XT-5/2023.

Persoa interesada: DNI 36141673W.

Acto de notificación: Resolución do 5.12.2023, que declara a caducidade do procedemento sancionador.

Órgano competente para resolver: xefa territorial da Consellería de Política Social e Xuventude.