DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4114

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 9 de xaneiro de 2024 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 9 de outubro de 2023.

Mediante a Orde do 9 de outubro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 199, do 19 de outubro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería do Infraestruturas e Mobilidade que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e de acordo co procedemento previsto no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.

Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, convocado pola Orde do 9 de outubro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 199, do 19 de outubro).

Segundo.

Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario cuxos datos se sinalan no anexo I, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada mediante a Orde do 9 de outubro de 2023.

Terceiro.

O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co o establecido no artigo 8.1 do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

O persoal funcionario de carreira que incumpra os prazos de toma de posesión será declarado de oficio na situación de excedencia voluntaria por interese particular.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos/ás interesados/as. Nos supostos de incapacidade temporal o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.

A xefatura do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2024

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO I

Apelidos e nome: Jambrina Leal, David.

NRP: ***6726**.

Subgrupo: C1.

Denominación do posto de traballo: secretario/a do/da secretario/a xeral.

Código do posto de traballo: IV.C02.00.000.15770.002.

Centro directivo: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: Xeral.

Grupo: C1/C2.

Nivel: 18.

Complemento específico: 7.489,72 euros.

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

Formación específica: 640- Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

*O DNI atópase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal