DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2024 Páx. 3788

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior PERI UA-58 e UA-59 en Vilaboa.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 11 de decembro de 2023, acordou a aprobación inicial do Plan especial de reforma interior PERI UA-58 e UA-59 en Vilaboa, promovido por Aliseda, S.A.U.

Sométese a información pública polo prazo de dous (2) meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, e na sede electrónica municipal e portal de transparencia municipal do Concello de Culleredo no enderezo: https://www.culleredo.es/es/transparencia, para os efectos de que durante o dito período poidan formularse alegacións e as suxestións pertinentes, de conformidade co establecido nos artigos 75.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 186.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento.

Durante este prazo poderase examinar o documento na Área de Urbanismo (na casa do concello, situada na rúa do Concello, número 12, Culleredo), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Culleredo, 28 de decembro de 2023

José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente