DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2024 Páx. 3766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 28 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificado por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2023-004.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 28 de decembro de 2023

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Acto adoptado por

CO-RES-2023-004

33229589V

Proposta de resolución

A instrutora