DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2024 Páx. 3757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 26 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se notifica a resolución de desistencia e arquivamento do procedemento de autorización como xestor de residuos perigosos e non perigosos de Tengo Carballo y Otros, S.L. (expediente 2023-SC-I-00427 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación do acto administrativo que se relacionan no anexo sen que fose posible, por causas non imputables á Administración, notifícase ao titular que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de desistencia e arquivamento do procedemento de autorización como xestor de residuos non perigosos.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Residuos, sitas no Edificio Administrativo, rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencer o prazo indicado para comparecer.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2023-SC-I-00427 e 2023-SC-I-00428.

Titular: Tengo Carballo y Otros, S.L.

NIF: B16723538.

Acto notificado: resolución de desistencia e arquivamento da solicitude de xestor de residuos.

Data do acto administrativo: 25.9.2023.