En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e nos artigos 28 e 31 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de xaneiro de dous mil vinte e catro,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia e con efectos do día 15 de xaneiro, Gonzalo Trenor López como delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, quince de xaneiro de dous mil vinte e catro
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro
de Presidencia, Xustiza e Deportes