En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 168, do 5 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galicia (subgrupo AP), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).
En vista das alegacións e dos recursos presentados contra a publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas,
DISPOÑO:
Modificar a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario, escala de persoal subalterno, en relación coa seguinte persoa:
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Exento galego |
***9022** |
Castro Granja, Isidro |
Libre |
Si |
Incluír as seguintes persoas na relación definitiva de aspirantes admitidos ao proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario, escala de persoal de mantemento:
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Exento galego |
***9603** |
Gil Rúa, Julio |
Libre |
Si |
***5455** |
Río Fernández, José Miguel del |
Libre |
Si |
Excluír as seguintes persoas da relación definitiva de aspirantes admitidos no proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario, escala de persoal subalterno:
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Motivo da exclusión |
***2105** |
Barros Casas, Sonia |
Libre |
Desistencia da solicitude |
***5455** |
Río Fernández, José Miguel del |
Libre |
Desistencia da solicitude |
***6433** |
Garrido Meijón, José Miguel |
Libre |
Desistencia da solicitude |
***0141** |
Sende Rey, José Antonio |
Libre |
Desistencia da solicitude |
O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo, así como da posesión do Celga requirido. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública