DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2024 Páx. 3784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 28 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador PSC-CO-0926/2023-V e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) o acto administrativo que se sinala no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. Poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o citado prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A Coruña, 28 de decembro de 2023

Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0926/2023-V

52452461H

Comunicación

Meixe, 6, Oleiros, 15993 Ribeira (A Coruña)

PSC-CO-0935/2023-PPM

35483522L

Comunicación

Veiga de Lamas, 7, 1º A, 36610 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)