DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2024 Páx. 3411

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2024 pola que se acorda publicar o extracto dos estados de ingresos e gastos do orzamento para o exercicio económico do ano 2024.

O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (en diante, USC), na reunión que tivo lugar o día 28 de decembro de 2023, de conformidade co disposto no artigo 47.2, da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema universitario (LOSU), así como no artigo 75.3, letra c), da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, acordou a aprobación do orzamento desta universidade para o exercicio económico do ano 2024.

Por conseguinte, esta reitoría, sobre a base do establecido polo artigo 57 e concordantes da citada LOSU, resolve ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia dun resumo do referido orzamento, tanto no seu estado de ingresos como de gastos, por unha contía inicial en cada un deles de 314.438.933 euros, segundo se recolle no anexo.

O documento completo figura publicado no taboleiro electrónico da USC, ao cal se accede na seguinte ligazón: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm

Igualmente, pódese consultar na información económica contida na páxina web da Xerencia: https://www.usc.gal/es/institucional/gobierno/area/sxeco/orc/orzamentos

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Clasificación económica.
Resumo do orzamento por capítulos en ingresos e gastos

Ingresos.

Capítulo

Afectado

Non afectado

Total

III

Prezos públicos e outros ingresos

-

35.509.000

35.509.000

IV

Transferencias correntes

4.398.021

155.863.576

160.261.597

V

Ingresos patrimoniais

-

727.000

727.000

VI

Alleamento investimentos reais

-

-

-

VII

Transferencias de capital

76.947.087

35.399.049

112.346.136

IX

Pasivos financeiros

5.035.680

559.520

5.595.200

 

Total

86.380.788

228.058.145

314.438.933

Importes en euros

Gastos.

Capítulo

Afectado

Non afectado

Total

I

Gastos de persoal

-

177.243.000

177.243.000

II

Gastos correntes

805.000

31.474.396

32.279.396

III

Gastos financeiros

-

825.000

825.000

IV

Transferencias correntes

2.020.000

2.501.505

4.521.505

V

Fondo continxencia

-

750.000

750.000

VI

Investimentos reais

74.489.594

12.863.771

87.353.365

IX

Pasivos financeiros

9.066.194

2.400.474

11.466.668

 

Total

86.380.788

228.058.145

314.438.933

Importes en euros