DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2024 Páx. 3530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 28 de decembro de 2023, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Airas, sito nos concellos de Alfoz e Mondoñedo, promovido por Fergo Galicia Vento-Alfoz, S.L.U. (121-EOL).

En cumprimento do disposto no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, publícase como anexo a esta resolución o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 28 de decembro de 2023, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Airas, sito nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo), promovido por Fergo Galicia Vento-Alfoz, S.L.U. (121-EOL).

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 28 de decembro de 2023, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Airas, sito nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo), promovido por Fergo Galicia Vento-Alfoz, S.L.U. (121-EOL)

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Fergo Galicia Vento, S.L., actualmente titularidade de Fergo Galicia Vento-Alfoz, S.L.U., en relación coa declaración de utilidade pública e a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais do parque eólico Airas, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante Resolución do 30 de abril de 2010, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas (actualmente Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais), pola que se publica a relación de solicitudes de outorgamento de autorización administrativa de instalación de parques eólicos para promotores titulares de plans eólicos empresariais, admitiuse a solicitude do parque eólico Airas (en diante, o parque eólico), cunha potencia de 23,57 MW, promovido por Fergo Galicia Vento, S.L.

Segundo. O 29.7.2010, Fergo Galicia Vento, S.L. solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a declaración de utilidade pública, en concreto, a inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico.

Terceiro. Mediante a Resolución do 16 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, sometéronse a información pública para autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, así como inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e aprobación do seu estudo de impacto ambiental e do correspondente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, as instalacións relativas ao parque eólico.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 15.10.2013, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 8.10.2013 e no xornal El Progreso do 29.10.2013. Así mesmo, permaneceu exposta ao público no taboleiro de anuncios dos concellos afectados de Alfoz e Mondoñedo, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Lugo, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.

Cuarto. Mediante a Resolución do 25 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, outorgáronse as autorizacións administrativas previa e de construción ao parque eólico Airas, promovido por Fergo Galicia Vento, S.L.

Quinto. Mediante a Resolución do 27 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, autorizouse a transmisión de titularidade do expediente do parque eólico de Fergo Galicia Vento, S.L., a favor de Fergo Galicia Vento-Alfoz, S.L.U.

Sexto. O 30.6.2023, e para os efectos de continuar coa tramitación da declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico, a promotora achegou unha nova relación de bens e dereitos afectados actualizada de acordo coa nova configuración catastral da zona afectada polo parque eólico, cos datos de titularidade actuais, e coas modificacións do proxecto derivadas da tramitación.

Así mesmo, a promotora achegou a declaración responsable dos acordos acadados.

Sétimo. Mediante a Resolución do 2 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, recoñeceuse como non substancial a modificación do parque eólico solicitada o 14.5.2023.

Oitavo. O 1.9.2023 a promotora achegou documentación complementaria en relación coa relación de bens e dereitos afectados actualizada, presentada o 30.6.2023, a que se fai referencia no antecedente de feito sexto.

Noveno. Mediante oficios do 4.9.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais efectuou notificacións para poñer en coñecemento das persoas interesadas a relación de bens e dereitos afectados actualizada.

Para aquelas notificacións que non se puideron efectuar (notificacións devoltas, titularidade ou enderezo descoñecido...) publicouse no Diario Oficial de Galicia, o 2.11.2023, e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado o 6.11.2023, o correspondente anuncio para que as persoas interesadas puidesen comparecer no prazo de dez días, contados a partir do seguinte á última destas publicacións. No dito prazo, compareceron as persoas interesadas en relación con dous dos predios afectados.

En resposta a estas notificacións recibíronse diversas alegacións que foron contestadas pola promotora.

Décimo. O 17.8.2023, a Xefatura Territorial de Lugo emitiu informe para os efectos do artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, en que se recolle o seguinte:

«(...)

Consideracións:

Púidose constatar que, consultado o Censo Catastral Mineiro de Galicia (constituído no Catastro Mineiro de Galicia segundo a disposición adicional quinta da Lei 2/2017, do 8 de febreiro), a área delimitada polas coordenadas perimetrais da poligonal do P.E. Airas, segundo se reflicte no proxecto refundido achegado, está afectado polo seguinte dereito mineiro:

– Permiso de exploración nº LU/C/05578, Folgueiras, da sección C), do titular Turberas del Buyo y de Gistral, S.A. (Tolsa, S.A.), que caducou por Resolución do 29.3.1996.

Hai que sinalar que, segundo se reflicte no proxecto técnico refundido, soamente a localización das infraestruturas eléctricas previstas para os aeroxeradores A3 e A4 cos seus cables de conexión e accesos, interfiren coas cuadrículas mineiras caducadas do antedito dereito mineiro, e as restantes localizacións das infraestruturas eléctricas proxectadas resultan libres deste tipo de afeccións.

Conclusións:

Ao estar, en todo caso, ante un dereito mineiro que caducou, a súa promotora non conta co dereito mineiro do artigo 44 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, nin procede, en termos da vixente normativa en materia de minas, ningún trámite de compatibilidade.

(...)».

Décimo primeiro. O 14.9.2023 o Servizo de Propiedade Forestal remitiulle á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o informe do Servizo de Montes da Consellería do Medio Rural da provincia de Lugo do 12.9.2023, en relación cos aproveitamentos forestais afectados polo parque eólico, indicando que o proxecto afecta:

– O monte veciñal en man común Viloalle.

– O monte veciñal en man común Toxiza, Braña, Pena do Boi e Pombeiro.

Décimo segundo. O 25.9.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais efectuou o trámite de audiencia previsto no artigo 45.3 cos titulares dos montes veciñais en man común afectados (Viloalle e Toxiza, Braña, Pena do Boi e Pombeiro), de acordo co informe do Servizo de Montes de Lugo recollido no antecedente de feito décimo primeiro, e concedeulles un prazo de quince días para presentaren as alegacións que considerasen oportunas.

Os titulares dos montes veciñais en man común mencionados non presentaron alegacións no prazo outorgado.

Décimo terceiro. O 2.11.2023, a promotora achegou o acordo de constitución de dereito de superficie acadado coa Comunidade de Figueiras, titular do monte veciñal en man común Toxiza, Braña, Pena do Boi e Pombeiro.

Décimo cuarto. O 23.11.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais recibiu do Servizo de Propiedade Forestal informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo, do 22.11.2023, en relación co artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, con informe favorable sobre a compatibilidade do parque eólico Airas cos aproveitamentos forestais afectados.

Décimo quinto. O 15.12.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais recibiu do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo informe en relación co artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en que conclúe: «que, logo de visitar o día 14 de decembro de 2023 os terreos polos que discorre o parque eólico proxectado, non se apreciou limitación para a expropiación dos terreos e imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica nas parcelas que se describen na RBDA, conforme o disposto nos artigos 58 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica».

Décimo sexto. O 15.12.2023, a promotora achegou a relación de bens e dereitos afectados actualizada, co fin de incorporar os novos acordos acadados, de xeito que se reducen as parcelas que se consideran de necesaria expropiación. Así mesmo, achega a declaración responsable actualizada dos acordos acadados.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), polo artigo 39 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro), e polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 248, do 30 de decembro).

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente de declaración de utilidade pública, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

• Cabe indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas alegantes, relativas á titularidade e características dos bens e dereitos afectados, así como á magnitude das afeccións. Non obstante, corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

• Nalgunhas das alegacións achegadas en resposta ás notificacións individuais a que se fai referencia no antecedente de feito noveno, solicítase unha nova exposición pública do proxecto coa información completa, incluído o estudo de viabilidade económica, e maniféstase que non se recibiu información sobre o proxecto con anterioridade. En relación con estas cuestións, cómpre manifestar que o proxecto do parque eólico se someteu a información pública por Resolución do 16 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo. Durante este período de información pública practicáronse ademais notificacións individuais ás persoas titulares dos bens e dereitos afectados.

No que respecta á modificación solicitada pola promotora o 14.5.2023 tramitouse de acordo co previsto nos artigos 37 e 38 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, cumprindo os requisitos establecidos nestes preceptos para ser recoñecida como unha modificación non substancial. O documento técnico achegado pola promotora durante a mencionada tramitación inclúe un estudo de viabilidade económica actualizado.

Así mesmo, debe aclararse que as modificacións introducidas afectan unicamente a parcelas incluídas na relación de bens e dereitos afectados sometida a información pública mediante a mencionada Resolución do 16 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo. Tal e como se recolle no antecedente de feito noveno, notificóuselles ás persoas interesadas a relación de bens e dereitos afectados actualizada de acordo coa nova configuración catastral da zona afectada polo parque eólico, cos datos de titularidade actuais, e coa modificación do proxecto recoñecida como non substancial pola Resolución do 2 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, incluíndo ademais os planos parcelarios para cada un dos predios afectados.

• No que respecta ás alegacións relativas á modificación de determinados tramos de vía para evitar afeccións a algúns predios, considérase o número 3 do artigo 153 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. No dito número ponse de manifesto a necesidade de acreditar na solicitude de variación do trazado a conformidade previa dos novos propietarios pola dita variación, debidamente documentada, así como o compromiso formal de sufragar todos os gastos que ocasione a súa realización.

• No que respecta ás alegacións relativas ao proxecto de interese autonómico, estas serán tidas en conta polo órgano con competencias en ordenación do territorio para a emisión, se procede, do informe previsto no artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. Cabe ter en conta, en relación con esta cuestión, que a Lei 8/2009, do 22 de decembro, exceptúa da obriga da aprobación do proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) aqueles proxectos eólicos e as súas infraestruturas de evacuación que se implanten naqueles concellos onde a natureza do uso do solo sexa compatible con este tipo de infraestruturas.

• As alegacións de carácter ambiental presentadas con posterioridade á declaración de impacto ambiental inadmítense, de conformidade co artigo 23 da Lei 21/2013, do 9 decembro, de avaliación ambiental, por presentárense fóra dos prazos de información pública e consultas regulados nos artigos 21 e 22 da devandita lei.

Cuarto. No que respecta á compatibilidade do parque eólico cos montes afectados, e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, finalizado o trámite de audiencia cos titulares do MVMC Viloalle e do MVMC Toxiza, Braña, Pena do Boi e Pombeiro, o 23.11.2023 o Servizo de Propiedade Forestal remítelle á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo do 22.11.2023, que se transcribe parcialmente a seguir:

«En cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, emítese informe favorable sobre a compatibilidade do P.E. Airas, sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa, por parte da promotora, durante toda a vida útil desta, no termo municipal de Mondoñedo».

Cómpre ter en conta, ademais, o acordo acadado entre a promotora e a Comunidade de Figueiras, titular do MVMC Toxiza, Braña, Pena do Boi e Pombeiro, achegado pola promotora o 2.11.2023 e recollido no antecedente de feito décimo terceiro.

De acordo co exposto, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Airas, promovido por Fergo Galicia Vento-Alfoz, S.L.U., segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Segundo. Declarar a compatibilidade do parque eólico Airas cos montes veciñais en man común afectados: MVMC Viloalle e MVMC Toxiza, Braña, Pena do Boi e Pombeiro.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Tal e como queda recollido no informe do 22.11.2023 emitido polo Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo mencionado no antecedente de feito décimo cuarto, a promotora debe cumprir a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa durante toda a vida útil do parque eólico.

2. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación deste acordo, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

ANEXO 1

Relación de bens e dereitos afectados parque eólico Airas

Id.

Propietario

Parcela

Afeccións (m2)

Nome e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Servidume de paso

Servidum.

de voo

Outras afeccións

Concello

Políg.

Parc.

Zapata

Plat.

Subest.

Camiño

Camiño + gabia

Gabia

O.T. zona amoreamento

6

Descoñecido

Alfoz

69

545

Coto Redondo

Piñeiral madeirable

 

 

 

4.162

761

680

 

 

15

Descoñecido

Alfoz

56

239

Campo de Vixín

Monte baixo

 

 

 

69

26

64

 

 

17

Hdos. Jesús Goas Vivero

Rpte. Pilar González Val

Alfoz

56

396

Campo de Vixín

Monte baixo

 

 

 

1.060

167

207

 

 

19

Antonio Expósito Díaz

Alfoz

56

392

Campo de Vixín

Monte baixo

41

2.330

 

1.775

158

160

4.797

 

22

Mª Dolores González Cillero

Alfoz

56

389

Campo de Vixín

Monte baixo

 

 

 

3.511

233

634

 

 

24

Herdeiros de Arturo Expósito Val

Alfoz

56

387

Monte de Pedrouzo

Monte baixo

 

 

 

3.084

393

587

2.795

 

27

José Expósito Díaz

Alfoz

56

44

Fraga Vella

Monte baixo

 

276

 

573

202

12

187

 

30

Descoñecido

Alfoz

56

145

Pedrouzo

Monte baixo

 

 

 

1.278

 

 

1.029

 

31

Herdeiros de Arturo Expósito Val

Alfoz

55

279

Fraga Vella

Monte baixo

32

1.656

 

119

 

 

5.082

 

54

Herdeiros de Alicia Martínez Lorenzo

Alfoz

47

28

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

1.508

183

 

 

 

55

Herdeiros de Eliseo Lorenzo Reigosa

Alfoz

47

29

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

539

151

10

 

 

60

Medina Cao Díaz

Alfoz

47

332

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

1.615

592

63

 

 

63

Diocese Mondoñedo-Ferrol

Alfoz

56

93

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

372

21

 

111

 

68

Descoñecido

Alfoz

47

119

Pico Grande

Monte baixo

749

4.403

 

4.913

1.348

71

9.582

 

76

Humberto Díaz Ramil

Alfoz

47

272

Pico Grande

Monte baixo

 

 

 

22

 

 

85

 

77

Herdeiros de Manuel Cao Pumariños

Alfoz

47

273

Pico Grande

Monte baixo

 

 

 

4

 

 

168

 

81

Pedro Luis Fernández Expósito

Alfoz

47

277

Pico Grande

Monte baixo

 

 

 

 

 

 

220

 

82

Medina Cao Díaz

Alfoz

47

278

Pico Grande

Monte baixo

 

 

 

 

 

 

319

 

84

Medina Cao Díaz

Alfoz

47

280

Pico Grande

Monte baixo

 

 

 

 

 

 

285

 

85

Concepción Braña Corral

Alfoz

47

281

Pico Grande

Monte baixo

 

 

 

 

 

 

199

 

100

Descoñecido

Alfoz

69

787a

Pena do Boi

Piñeiral madeirable + vía + matogueira

 

 

 

3.053

227

439

 

 

102

Marina Pardiñas Pena

Alfoz

56

438

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

47

 

 

 

 

104

Descoñecido

Alfoz

56

436

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

590

91

26

151

 

105

Descoñecido

Alfoz

56

435

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

153

3

9

725

 

119

José Reigosa Lorenzo

Alfoz

56

421

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

 

 

 

61

 

120

Francisco Cayón Lorenzo

Alfoz

56

417

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

12

 

 

 

 

123

Descoñecido

Alfoz

56

414

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

979

390

51

 

 

126

María Carmen Galdo Moirón e
Enrique Luis Lorenzo Villar

Alfoz

56

403

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

70

22

 

 

 

127

Aurelia Castro García

Alfoz

56

402

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

 

2

 

 

 

130

Diocese Mondoñedo-Ferrol

Alfoz

55

398

Fraga Vella

Monte baixo

417

119

 

149

66

3

651

 

132

Aurelia Castro García

Alfoz

55

400

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

161

90

 

385

 

133

María Carmen Galdo Moirón e
Enrique Luís Lorenzo Villar

Alfoz

55

401

Fraga Vella

Monte baixo

2

 

 

16

1

 

 

 

135

Descoñecido

Alfoz

47

540

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

 

6

 

 

 

138

Ramón Reges González

Alfoz

56

204

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

3.082

1.118

58

 

 

139

Mª Sol Lorenzo Marrube

Alfoz

55

206

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

 

 

 

20

 

141

Josefa Díaz Maseda

Alfoz

55

208

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

 

 

 

1.510

 

142

Mª Josefa Reigosa Lorenzo

Alfoz

55

209

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

 

 

 

375

 

143

Mª Esther Reigosa Lorenzo

Alfoz

55

361

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

 

 

 

74

 

154

Diocese Mondoñedo-Ferrol

Alfoz

47

18

Fraga Vella

Monte baixo

 

 

 

1.014

238

13

 

 

Afeccións parque eólico en metros cadrados (m2):

• Superficie de pleno dominio:

– Zapata: superficie ocupada pola zapata do aeroxerador.

– Plataforma (plat.): superficie ocupada pola plataforma de montaxe do aeroxerador.

– Subestación (subest.): superficie ocupada pola subestación do parque eólico.

• Servidume (servidum.) de paso:

– Camiño: servidume de paso polas vías en que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.

– Camiño+gabia: servidume de paso conxunto nos tramos en que o trazado das vías de circulación e das gabias para cables do parque eólico coinciden.

– Gabia: servidume de paso das gabias para cables con trazado independente ao dos camiños.

• Servidume de voo: comprende a área de voo do aeroxerador delimitada por unha circunferencia de diámetro igual ao das pas.

• Outras afeccións:

– Ocupación temporal zona amoreamento (O.T. zona amoreamento): ocupación de terreos necesaria para o almacenamento de material do parque durante a fase de obras (area, gravas, bobinas de condutores, maquinaria etc.).