DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2024 Páx. 3545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 19 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS626F (expediente 15078012622R e tres máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de documentación ditados no procedemento de revisión no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non facelo, se entenderá practicada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia sen teren presentado a documentación, continuará a tramitación dos expedientes sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

A Coruña, 19 de decembro de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15078012622R

Y8833297T

Requirimento de documentación

1.12.2023

15030041922R

Y8860286X

Requirimento de documentación

27.11.2023

15030026823R

74848682N

Requirimento de documentación

18.10.2023

15030037521R

Y8251932Y

Requirimento de documentación

26.10.2023