DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2024 Páx. 2772

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2024 pola que se nomea funcionario de carreira da escala técnica especialistas (subescala delineante), grupo C, subgrupo C1, polo sistema de quenda libre.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, pola quenda libre, dunha praza da escala técnica especialistas (subescala delineante) grupo C, subgrupo C1, vacante na relación de postos de traballo de persoal funcionario desta universidade, convocadas pola Resolución do 5 de xullo de 2021 (DOG do 21 de xullo).

Verificada a concorrencia no aspirante aprobado dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do sistema universitario, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro,

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionario de carreira da escala técnica especialistas (subescala delineante), grupo C, subgrupo C1, da Universidade da Coruña, o aspirante aprobado polo sistema de quenda libre que se relaciona no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionario/a de carreira, a persoa que se relaciona deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 5 de xaneiro de 2024

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Escala técnica especialistas (subescala delineante) (subgrupo C1)

Nº orde

DNI

1º apelido

2º apelido

Nome

Puntuación total

1

****9584**

Penas

López

Iván

82,08