DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2024 Páx. 2797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente REC-CO-0160/2023-AGR e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, sendo a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola xefa do Servizo Xurídico-Administrativo por suplencia do xefe territorial (Resolución do 7.7.2022).

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 22 de decembro de 2023

O xefe territorial da Coruña
P. S. (Resolución do 7.7.2022)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo da Coruña

ANEXO

Expediente: REC-CO-0160/2023-AGR.

DNI denunciado: 32425851Z.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: MON-CO-0361-2023 FOR.

DNI denunciado: 32196850R.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: MON-CO-0359-2023 CSA.

DNI denunciado: 76478894F.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: MON-CO-0360-2023 CSA.

DNI denunciado: 32620387Q.

Acto de notificación: acordo de inicio.