DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2024 Páx. 2298

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 21 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente PES-OU-18/2023-V e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en Ourense, sita na Avenida da Habana, nº 79, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 21 de decembro de 2023

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto de notificación

Acto adoptado

PES-OU-18/2023-V

10058688Y

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANI-OU-75/2023-V

44483989B

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANI-OU-103/2023-V

44495869T

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial

ANI-OU-107/2023-V

34981927P

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial