DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2024 Páx. 2294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 15 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada a Conservas Rianxeira, S.A.U., da fábrica de conservas de atún localizada en Bodión (A Coruña) (expediente 2022-IPPC-M-110).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisión industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– Proxecto básico de ampliación da liña de procesamento de lombos de atún.

Para que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente y sostenibilidad>>prevención y control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proyectos en información pública).

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2022-IPPC-M-110.

Número da autorización ambiental integrada: 2006/0380_NAA/IPPC.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.1.b.i do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Conservas Rianxeira, S.A.U.

NIF: A15022221.

Localización da instalación: Bodión, Boiro (A Coruña).

Referencia catastral da parcela: 1719202NH1211N0001KS, 1719201NH1211N0001OS.

Actividade principal: fabricación de conservas de atún.

A fábrica de elaboración de conservas de atún de Conservas Rianxeira, S.A.U. está situada no lugar de Bodión, en Boiro (A Coruña).

Os cambios proxectados son a ampliación das liñas de tratamento de peixe fresco e a redución do procesamento de peixe conxelado. Ese cambio non implica aumento da capacidade produtiva da instalación, pero si un aumento no consumo de auga e o conseguinte aumento da auga que se tratará na estación depuradora de augas residuais industriais.