De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázanse as persoas citadas no anexo, para proceder á notificación da resolución ditada no expediente que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación.
Para o coñecemento íntegro da resolución, as persoas interesadas por si mesmas ou a través da persoa que legalmente as represente, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial de Vigo, da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, desde o día seguinte á notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Vigo, 18 de decembro de 2023
Mª Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Nº de expediente: 2021/270-36.
Persoas interesadas:
72074750-H.
72407884-C.
Acto que se notifica: Resolución administrativa do 28 de novembro de 2023.
Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento da medida administrativa.