DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2024 Páx. 2346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 21 de decembro de 2023, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 104682 e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, log de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos adoptounos a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Ourense.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, nº 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 21 de decembro de 2023

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

104682

44492902T

Resolución de inscrición no Rexistro de Demandantes

108342

45145272K

Resolución de inscrición no Rexistro de Demandantes

109506

35939803A

Resolución de inscrición no Rexistro de Demandantes

103172

X5075941W

Resolución de desistencia da inscrición

105000

76747216B

Resolución de desistencia da inscrición

94431

34960540B

Resolución de renovación da inscrición no Rexistro de Demandantes

95454

34869955T

Resolución de renovación da inscrición no Rexistro de Demandantes

103848

55146550W

Resolución de baixa no Rexistro de Demandantes

72766

X2126138H

Aviso da caducidade da inscrición no Rexistro de Demandantes