DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2024 Páx. 2045

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial de ordenación municipal do SUNP-7 (O Avío).

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o día 30 de novembro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente a modificación puntual (MP) do Plan parcial do SUNP-7 (O Avío), sen modificacións respecto da inicialmente aprobada, segundo o proxecto presentado o día 14 de novembro de 2023 por María del Carmen Míguez Rodríguez, redactado polos arquitectos Manuel Carbajo e Celso Barrios.

O ámbito territorial obxecto da modificación proposta limítase á parcela catastral 000800500NH34H0001JH, sita no número 7 da rúa de Vite de Arriba.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a normativa urbanística publicarase no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir a modificación do plan parcial no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo de aprobación definitiva da citada modificación puntual do plan parcial poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2023

A alcaldesa
P.D. (DEC/2023/8135, do 17 de xuño de 2023)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica