DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2024 Páx. 2042

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mazaricos

ANUNCIO polo que se aproba definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID), presentado por Aero Servicios T&J, S.L.

O Pleno do Concello de Mazaricos, en sesión ordinaria do 20 de novembro de 2023, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID), presentado por Aero Servicios T&J, S.L.

O plan definitivamente aprobado estará a dispor dos interesados na sede electrónica deste concello [https://sede.mazaricos.gal/sxc/es/].

De conformidade co disposto no artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, contra o presente acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente en dereito.

Mazaricos, 18 de decembro de 2023

Juan José Blanco Riveiro
Alcalde