DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 9 de xaneiro de 2024 Páx. 1821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 1 de decembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Frades (expediente DH.A15.86690).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: José Manuel García Rodríguez.

DNI: ***6155**.

Expediente: DH.A15.86690.

Volume total anual: 5.223,15 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,84 l/s.

Destino: gandeiro.

Orixe: x= 556313, y= 4764617 (fuso ETRS89).

Lugar: Portiño.

Parroquia: Moar (Santaia).

Concello: Frades.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas procedentes dun manancial situado na parcela 15039D501003810000XA, mediante tres aros de formigón de 1,20 metros de diámetro de 1 metro de altura, para obter un oco de 3 m de fondo. Dende este punto lévase a auga en tubo de 40 mm de diámetro e 133,59 metros de lonxitude ata o depósito de fibra a 4 metros de altura, situado na explotación gandeira (parcela 15039D501003820000XB). Instalarase un contador homologado á saída do depósitos e antes da entrada á explotación gandeira.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro