DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 9 de xaneiro de 2024 Páx. 1794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada soterramento LMT SDM707, CS e CT Fragosiño, no concello de Vigo, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/139-4).

A instalación denominada soterramento LMT SDM707, CS e CT Fragosiño foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 7 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 31 de maio de 2024, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicarán a data e a hora en que se deberán presentar nos seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 13 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Soterramento LMT SDM707, CS e CT Fragosiño

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml servidume de paso aérea

ml sub.

m2 servidume de paso aérea

m2 subsolo

1

4137114NG2743N0001SA

Fragosiño-Sárdoma

Telefónica Sociedad Operadora de Servicios

C 22

5,29

1.6

23,2

2

4137131NG2743N0001LA

Fragosiño-Sárdoma

Seur

CS

11,36

3,25

9,73

3

54057A095000180000AT

A Serra

Descoñecido

CT

29,25

2,91

6,70

4

54057A095000100000AW

Fragosiño-Sárdoma

Descoñecido

C 18

3,61

0,74

2,31

5

4137126NG2743N0001QA

Fragosiño-Sárdoma

Descoñecido

0,9

14,5