DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2024 Páx. 1313

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

ANUNCIO do 28 de decembro de 2023 polo que se dá publicidade da Resolución do 28 de decembro de 2023 pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de profesorado asociado.

Esta reitoría, en cumprimento do acordado polo Consello de Goberno desta universidade nas sesións dos días 23 de novembro e 27 de decembro de 2023, fai público que, mediante a Resolución de 28 de decembro de 2023, se convoca concurso público para a provisión das prazas de profesorado asociado que se relacionan no anexo I.1 da citada resolución.

A relación de prazas convocadas e as bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/124673/carga.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatoriaspdi/profesora-asociadoa-pacs

As solicitudes deberán presentarse, a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro electrónico:

https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2023

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado