DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2024 Páx. 1307

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a de sección de Medicina Intensiva do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo.

Tras ser convocada pola Resolución do 8 de xuño de 2023 (DOG núm. 114, do 16 de xuño), da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe/a de sección de Medicina Intensiva do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, así como a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril), de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, modificada pola Orde do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 103, do 29 de maio), esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe/a de sección de Medicina Intensiva do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo, convocado pola Resolución do 8 de xuño de 2023 (DOG núm. 114, do 16 de xuño).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo desta resolución.

Terceiro. A persoa aspirante nomeada deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en el que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da persoa interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, polo que se percibirán os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a Orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. A persoa aspirante nomeada obterá un nomeamento que será obxecto de avaliación cada catro anos, para os efectos de apreciar o nivel de rendemento. O resultado da avaliación determinará a prórroga do nomeamento ou, de ser o caso, a súa remoción. A omisión da avaliación non suporá a consideración do nomeamento como definitivo.

Quinto. Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 29 de decembro de 2023

Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

ANEXO

Posto de traballo: xefe da Sección de Medicina Intensiva.

Nome e apelidos: Miguel Ángel Fernández López.

DNI: ***2402** (*).

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 15 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.