DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2024 Páx. 919

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do expediente 2022/PLANEAM/000001 (FG 688).

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 30 de novembro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle da rúa Soneira, nº 2, parcela Ex. 6.2 do Plan parcial I-33-R Iñás (documento R.E. nº 2023020047, do 31.10.2023), promovido por Ecotek Refinish, S.L.

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.oleiros.org

Oleiros, 13 de decembro de 2023

Ángel García Seoane
Alcalde presidente