DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2024 Páx. 712

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se modifican os límites do couto de pesca de Traba, no río Sóñora.

De conformidade co disposto no artigo 15.3 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), o Servizo Provincial de Patrimonio Natural da Coruña iniciou o expediente para a modificación dos límites do couto de pesca de Traba, no río Sóñora.

O expediente foi sometido a información pública mediante a Resolución do 15 de novembro de 2023 (DOG núm. 227, do 29 de novembro).

No expediente de modificación dos límites do couto de pesca de Traba, consta que o Consello Provincial de Pesca Continental da Coruña emitiu informe, en sesión do 23 de outubro de 2023, e elevouse ao Consello Galego de Pesca, en sesión do 10 de novembro de 2023.

O expediente de modificación dos límites do couto de Traba cumpre os requisitos establecidos na Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia, no Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, e demais normativa de aplicación.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural é competente para resolver o expediente segundo o disposto na Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia, no Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, e mais no Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

De conformidade co incluído na documentación do expediente, resolvo a modificación dos límites do couto de pesca de Traba, coas seguintes características:

Río: Sóñora.

Concellos: Lousame, Rois e Noia.

Límites:

– Límite superior: a ponte de Servia (Lousame; 517.432, 4.736.921).

– Límite inferior: muíños de Pedrachán (Noia; 509.594, 4.736.775).

Lonxitude: 12,7 km.

Contra esta resolución, que non finaliza a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso de alzada ante a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2023

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural