En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos de Sibgal Sindicato Independiente de Bomberos de Galicia (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: o sindicato poderá integrar a todas as persoas relacionadas co persoal de bombeiros, en todas as súas escalas e distintas denominacións legais dentro do territorio autonómico calquera que sexan os seus vínculos laborais, funcionais ou situación administrativa, incluíndo tamén as persoas xubiladas.
– Asinantes: Marcos Vilariño Sánchez e José Luis Pareja García.
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2023
Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais