DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2024 Páx. 866

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública do 5 de xuño para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de coordinador/a de área de traballo social.

Convocada mediante a Resolución CM-05/2023, do 5 de xuño (DOG nº 112, do 4 de xuño), a provisión dun posto de coordinador/a de área de traballo social, polo sistema de concurso de méritos, esta xerencia da Área Sanitaria, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Sergas; Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 do outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de coordinador/a de área de traballo social, realizada mediante a Resolución CM-05/2023, do 5 de xuño (DOG nº 112, do 4 de xuño).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo á presente resolución.

Terceiro. De conformidade coa base novena da convocatoria, a candidata nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da supervisión, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo de un mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 26 de decembro de 2023

Ángel José Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol

ANEXO

Posto de traballo: coordinador/a de Área de Traballo Social.

Nome e apelidos: María Emma Caballero González.

DNI: ****527**.