DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 4 de xaneiro de 2024 Páx. 680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 30 de novembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Ponte Caldelas (expediente DH.A36.74804).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 1 de xuño de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Augas de Chaín a oportuna novación da concesión de 14.503,05 m3 anuais de auga que procede de dez mananciais situados no lugar de Chaín, da parroquia da Insua (Santa Mariña), no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra), con destino a abastecemento.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións