De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise pública a seguinte resolución:
Instalación: planta de envasado de leite UHT |
Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada |
Titular: Leche de Galicia, S.L. |
Expediente: 2020-IPPC-M-38 |
Localización: concello de Vilalba (Lugo) |
Número rexistro: 2004/0191_NAA/IPPC_013 |
Esta resolución poderá consultarse na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, https://cmatv.xunta.gal/busca-deexpedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de forma presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2023
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático