Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto obxecto de notificación adoptouno o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura da Área Provincial da Coruña do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer 2, andar 9ª, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 18 de decembro de 2023
Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto obxecto notificación |
Expediente 4/23 |
45860001W |
Resolución |