DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2024 Páx. 484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 15 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LAT 220 kV DC Lousame-Tivo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 20 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concrete o valor da indemnización que considere que lle corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 15 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2010/268-1.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV DC Lousame-Tivo.

Concellos: Cuntis, Valga e Caldas de Reis.

Predio

Referencia catastral

Titular

059

36015A06300181

Purificación Búa Torrado

115

36056A02500488

Manuel Duro Guimarey

171

36005A04001375

Dolores Brey Magariños

220

36005A01400739

Manuel Crestar Domínguez e outros

238

36005A01400821

Celia Pereira Núñez

247/5

36005A01400019

María Pilar Núñez Dios e outro

262

36005A01400766

María Pilar Núñez Dios e outro

294

36005A01400873

Mercedes Penas Campañó e outros

301

36005A01400868

Manuel Crestar Domínguez e outros

305

36005A01400890

Manuel Crestar Domínguez e outros

307

36005A01400891

Dolores Piñeiro Touceda

408

36005A00800481

José Ramón Casal Monteagudo e outros

437

36005A00600257

Felisa García Louro

534

36005A00700055

Jessica García Rizzi