Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar…», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoios LMT ATI713 Casilla, no concello do Porriño, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 13 de decembro de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/131-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Substitución apoios LMT ATI713 Casilla.
Concello: O Porriño.
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
1 |
36039A031001780000D |
Requeixo |
Descoñecida |
29 de febreiro de 2024 |
12.00 |
2 |
36039A031001870000DR |
Requeixo |
Descoñecida |
29 de febreiro de 2024 |
12.00 |
3 |
36039A031002040000DY |
Maceira |
Descoñecida |
29 de febreiro de 2024 |
12.00 |