DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2023 Páx. 71944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se lle dá publicidade á resolución pola que se revisa e modifica substancialmente a autorización ambiental integrada a Nestlé España, S.A., para o seu centro de Pontecesures (Pontevedra) (expediente 2020-IPPC-M-34).

De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), e no artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: revisión e modificación substancial da
autorización ambiental integrada

Procedemento:

autorización ambiental integrada

Titular: Nestlé España, S.A.

Nº de rexistro AAI: 2006/0075_NAA/IPPC_037

Localización: concello de Pontecesures

Expediente: 2020-IPPC-M-34

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Vicepresidencia Segunda e Consellería de: Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático