De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da propia Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázase a persoa interesada para proceder á notificación da resolución administrativa citada no anexo.
Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada emprazada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Xuventude, Servizo de Coordinación Administrativa, situada en el Edificio Administrativo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Advírtese que, de conformidade co sinalado na referida resolución, a persoa interesada poderá interpoñer un recurso de alzada contra ela, ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, tal como prescribe o artigo 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 20 de decembro de 2023
María Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: PS-DXIS-20-2023.
Persoa interesada. DNI: 53185281N.
Acto de notificación: Resolución do 15 de decembro de 2023 do procedemento sancionador.
Precepto infrinxido: artigo 94 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
Sanción: artigo 96 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.