DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2023 Páx. 71103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 29 de novembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Caldas de Reis (expediente DH.A36.69843).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 1 de xuño de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse a Turis Baxe, S.L. unha concesión de 2.063,95 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Baxe, da parroquia de Santo André de Cesar (Santo André), no concello de Caldas de Reis (Pontevedra), con destino a uso doméstico, abastecemento e rega.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións